Reservas
Praza do Seixo · Tomiño

Tardeo, copas e festa

O punto de encontro da Raia

Cafetería e copa de tarde na terraza, gin tonics e coctelaría coidada e, á noite, festa con DJ ata as 5:00. E agora, celebracións privadas para grupos con catering de La de Manu.

Venres e sábado festa ata as 5:00 Mércores día de feira desde as 10:30 Concertos en directo algunhas noites
Praza do Seixo de noite coas árbores iluminadas en morado, a bóla de espellos e a terraza de Entresons
O local

Da tarde á noite

Entresons cambia co día. Abre tranquilo, co café e a terraza, e remata cada fin de semana coa pista chea.

Vermú na terraza de Entresons mirando á Praza do Seixo Desde as 17:30

Tardeo e terraza

Cafetería, vermú, gin tonics e coctelaría na terraza da praza cando acompaña o tempo. Os domingos, tarde tranquila ata o anoitecer.

Interior de Entresons cheo de xente de festa baixo as luces moradas e as lámpadas de trompeta Venres e sábado · ata as 5:00

Festa con DJ

Pola noite o interior convértese en pista. Música DJ sempre e, algunhas noites, DJ convidado.

Mércores · desde as 10:30

Feira e pulpo

Abrimos todo o día. Pola mañá, pulpo de Lolo Pulpeiro para acompañar a feira; pola tarde, tardeo como sempre.

Cartel Os mércores, día de feira: abrimos ás 10:30 con pulpo de Lolo Pulpeiro
Mércores · desde as 10:30

Pulpo de feira

Os mércores é día de feira en Tomiño e abrimos desde as 10:30. Pola mañá está Lolo Pulpeiro co seu pulpo á feira, para tomalo na terraza ou no interior.

Está habitualmente todos os mércores, agás algúns días puntuais do ano e as súas vacacións. Eses días anunciámolos con tempo nas redes.

Xente de festa diante do escaparate iluminado de Entresons pola noite
Noites de festa
Grupo na terraza baixo as luces das árbores
A terraza de noite
Novidade · Eventos privados

Celebra en Entresons

A túa festa, do xantar á pista.

Organizamos a túa celebración de principio a fin: a cea con catering de La de Manu e, despois, a festa segue no propio local con DJ. Sen desprazamentos e sen preocupacións.

  • Cumpreanos
  • Festas sorpresa
  • Ceas de amigos
  • Prevodas
  • Ceas de empresa
La de Manu

Catering de La de Manu

A cociña da tapería de referencia da zona: picoteo, menús de cea e opcións para alerxias e menús especiais.

25+

Grupos desde 25 persoas

Espazo reservado para o voso grupo, decoración, tarta e brinde se o queres.

Festa con DJ no propio local

Rematada a cea, a noite continúa na pista. A canción de entrada da sorpresa, escóllela ti.

1

Pide presuposto por WhatsApp

Cóntanos a data, cantas persoas sodes e que queredes celebrar. Respondemos se a data está libre.

2

Reserva a data

Envíamosche o presuposto en PDF. A data queda reservada cunha sinal do 20 %.

3

Celebra

Nós preparamos todo. Vós só tedes que chegar e disfrutar.

Xa podes pedir data

Novembro e Nadal. As ceas de empresa resérvanse cedo.

Presupostos e reservas: WhatsApp 986 07 66 84 · reservasentresons@hotmail.com

Pedir presuposto
Código QR para pedir presuposto por WhatsApp no 986 07 66 84Escanea e pide presuposto
Novo servizo · Eventos privados

O mellor do día e o mellor da noite

Xúntanse para que a túa celebración sexa a mellor.

O mellor do día

Manu

+10 anos

Máis de dez anos á fronte do seu restaurante en Tui, La de Manu. O mellor servizo e a mellor comida da zona, agora no teu evento.

La de Manu, Tui
O mellor da noite

Chito

+10 anos

Máis de dez anos preparando as mellores festas da noite, agora en Tomiño, en Entresons.

Entresons Tomiño

Únense só para o servizo de eventos privados de Entresons, cada un facendo o que mellor sabe: Manu na cea e Chito na festa, que continúa no propio local con DJ.

Extras opcionais, ademais do pack básico

  • Corte de xamón
  • Pulpo á feira con Lolo Pulpeiro
  • Decoración temática
  • Animación e DJ
  • Sorpresas personalizadas
  • Tarta e brinde

Tes outra idea? Propónnola e valorámola para que o teu sexa o mellor dos eventos.

Grupo de amigos subindo a un taxi diante dunha terraza con árbores iluminadas en morado
✦ Novo servizo ✦Volta segura

Ti divírteste,
o taxi lévate

En Entresons fomentamos o ocio responsable. Se bebiches, non colles o coche.

Escanea e chamaTes carteis cos códigos QR no local para chamar directamente ao taxi.
Pídeo na barraE chamámolo nós. Tamén para grupos e eventos privados.

Taxis da zona

Escanea e chama
Escanea e chama

Taxis de Valença · Portugal

Taxi Valença 1
+351 918 207 602Chamar
Escanea e chama
Taxi Valença 2
+351 939 380 818Chamar
Escanea e chama

Os números de Valença son portugueses: desde un móbil español a chamada pode ter custo internacional segundo a túa compañía. Táxis para voltar a casa em segurança, também para Portugal.

Cartel Venres ao ritmo da bachata: clases de bachata e salsa con José e Rosy ás 22:30 en Entresons
Venres latino

Bachata e salsa con José e Rosy

Clase os venres ás 22:30 e despois festa latina. A primeira clase é de balde para probar. Apúntate por WhatsApp no 628 577 740.

Apuntarme
Concerto en directo dentro de Entresons co público aplaudindo
Música en directo

Noites de concerto

A banda a un paso da barra.

Algunhas noites traemos concertos e bandas en directo ao local. Anunciámolos con tempo nas nosas redes e por WhatsApp.

Marcas colaboradoras

Grazas por apostar por nós

Xuntos na nova etapa de Entresons.

Estas marcas ofrecéronse a axudarnos no novo proxecto e no novo servizo de eventos privados. Grazas por confiar en nós.

Estrella GaliciaCervexa
Cervezas 1906Cervexa
CabreiroáAuga mineral

Con Estrella Galicia levamos máis de 18 anos de relación, entre Tui e Tomiño.

Horario

Cando abrimos

Luns e martesDescansoAbrimos festivos e vésperas de festivo
Mércores10:30 – 01:00Día de feira · pulpo pola mañá
Xoves17:30 – 01:00
Venres17:30 – 05:00Tardeo e festa con DJ
Sábado17:30 – 05:00Tardeo e festa con DJ
Domingo17:30 – 01:00Tardeo tranquilo e terraza

Horario de inverno. Os eventos privados poden cambiar o horario dalgún día.

Contacto

Onde estamos

WhatsApp reservas e eventos
Correo para reservas
reservasentresons@hotmail.com

A 5 minutos de Vila Nova de Cerveira. Tardeo, cocktails e festa em Tomiño: vemo-nos na praça!